Un disco demasiado sofisticado para ser o suficientemente mamarracho e demasiado mamarracho para ser o suficientemente sofisticado. Nin arre nin xo, nin moito nin pouco.
As ideas interesantes -que non son poucas- quedan enterradas nunha duración excesiva e nun remexido de experimentos que, para o meu gusto, pecan de pretenciosos e me distancian bastante do que si me atrae.
Contento con que cheguen a esa fina capa de música que non-é-mainstream-pero-case cousas diferentes, pero aínda non atopei os motivos para que este disco levantara tanta expectación. Pode que nuns anos volva e me decate de que simplemente era cousa da miña xordeira, pero non ten moita traza de momento
Comments
Showing 1 commentUpdate: Despois de insistir cento e unha veces con el atopeille máis chicha que en primeiras pasadas. Non me fascina como para chegar a entender todo o fenómeno que se ten xerado en torno a el, pero si que xa é un disco que podo dicir que: me gusta.
You need to be logged in to comment.