Faime feliz, despois de tantos anos e tantos discos, volver sentirme coma na casa escoitando música nova de Opeth. Non preciso que este álbum sexa perfecto (non o é), pero dificilmente a estas alturas ían sacar algo que me gustara máis. Foi coma tomar un café con alguén a quen quixeches moito e con quen hai xa tempo que non compartes vida. Sempre se agradece un reencontro agradable, aínda ca melancolía do que xa non vai poder ser.