Por exhaustivo que sexa o repaso que lle poida facer un á música dun ano concreto sempre quedan cousas fóra ás que acabar chegando nalgún momento posterior. 2024 aínda terminou antonte, coma quen di, pero xa hai material desa colleita que pasara inadvertido e está a emerxer meses despois. Hai nada que Pitchfork reseñou este disco e, grazas a iso, foi unha agradable sorpresa dar co que aquí fan Mica (Micachu) Levi e os seus colegas.
Post-punk, pop, electrónica. Moitas cousas simultáneas e moi chulas